Numeracion Curtis logos

O Concello iniciará este mes as obras do segundo acceso peonil á Escola Infantil de Teixeiro

 

FotoAccesoOs traballos para habilitar un segundo acceso peonil á gardaría de Teixeiro iniciaranse este mesmo mes. Coa construción desta senda, á que tamén se dotará de iluminación pública, o Concello quere garantir a seguridade do viario que dá servizo á Escola Infantil desde a estrada de titularidade municipal e complementar así a entrada peonil que xa existe polo parque Ánxeles Pena.

A actuación será executada pola Administración local cos operarios do concello. A obra xa estaba contemplada na partida orzamentaria de investimentos deste ano para actuacións a desenvolver con fondos municipais.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.