Numeracion Curtis logos

O Centro Etnográfico de Teixeiro finalizará o ano cun crecemento de visitas dun 39% desde a súa apertura en 2014

etnografico 2016O Centro Etnográfico de Teixeiro recibiu nos tres primeiros trimestres do ano preto de 3.300 visitantes, cifras similares ás de todo 2015. Os números rexistrados o ano pasado supuxeron un incremento dun 32% respecto de 2014, ano no que se inaugurou.

A previsión do Concello é que ao redor de 3.700 persoas percorrran a finais de ano estas instalacións vinculadas á formación e interpretación do Río Mandeo, o que suporá un crecemento do 39% desde a súa apertura e dun 10,8% respecto de 2015.

O maior número de visitas rexistráronse desde maio, especialmente no verán, tanto as que acoden por libre como as de centros educativos, asociacións e colectivos de toda Galicia, aínda que a presenza de alumnos é constante case ao longo de todo o ano debido á orientación didáctica e interactiva dos contidos do Centro Etnográfico.

Desde o Concello valórase positivamente este crecemento de visitas porque axuda a impulsar a divulgación tanto da riqueza e patrimonio natural e histórico de Curtis como da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na que se integran 17 municipios.

Edificio premiado

FotoCentro1 copyO Centro Etnográfico obedece a unha dobre función, formativa, acollendo nas súas aulas cursos e talleres, e divulgativa, a través do centro de Interpretación. Ademais, é un edificio premiado pola súa arquitectura singular e innovadora.

As instalacións contan tamén cun albergue, que é utilizado en gran medida por numerosos equipos deportivos que aproveitan a súa estancia para as concentracións a través dos acordos que o Concello asinanou con distintas federacións deportivas galegas. Así mesmo, o Goberno local utilízao para o desenvolvemento de presentacións e actos institucionais que lle achegan visibilidade en busca dunha maior difusión dos seus contidos e actividades.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.