Numeracion Curtis logos

O Concello convida á cidadanía á presentación esta tarde en Curtis da Estratexia de Promoción da Saúde

  • O seu desenvolvemento virá da man da Mesa Intersectorial, integrada por representantes do Goberno local e dos centros educativos e sanitarios.

promocion saudeO Concello de Curtis convida a todos os veciños á presentación esta tarde da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde. Será ás 18.00 horas, no salón de actos do Edificio Multiusos de Curtis (Recinto Feiral). A estratexia vai encamiñada a promover hábitos e estilos de vida saudables, buscando a equidade e o acceso aos recursos que potencien a saúde e, por tanto, melloren a calidade de vida.

Para o desenvolvemento desta estratexia, o Concello conformou recentemente a Mesa Intersectorial, integrada por responsables do Goberno local, do sector educativo (representantes do IES de Curtis, do CEIP de Curtis e Teixeiro e as AMPA's) e sanitario (as doutoras dos centros de saúde do municipio). O seu obxectivo é detectar as necesidades en saúde da poboación, adoptar acordos para a súa mellora e desenvolver accións de maneira coordinada.

Consolidar as apostas sobre saúde

Con este novo paso, o Concello consolida a súa aposta polas políticas de saúde, iniciadas no 2008 co programa Concellos Saudables, da Xunta de Galicia. A partir desa data impulsáronse, ademais, importantes investimentos en diferentes áreas: instalacións e actividades deportivas, acondicionamento de paseos fluviais, etc.

A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención está promovida polo Ministerio de Sanidade mediante a FEMP, xa que esta última organización é a que teñe contacto directo con todos os municipios de España.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.