Numeracion Curtis logos

Curtis acode como convidado á cidade alemá de Detmold para compartir experiencias sobre o sector primario

  • O alcalde participou como convidado na viaxe organizada por Abegondo no marco dun programa europeo.

alemania 2A importancia estratéxica do sector primario, a forza dos mercados tradicionais na economía de proximidade e o desenvolvemento de proxectos ambientais son algúns dos intereses que comparten o municipio de Curtis e a cidade alemá de Detmold, razóns polas que o alcalde curtiense, Javier Caínzos, acudiu como convidado a viaxe realizada a esta localidade de Renania do Norte-Westfalia por unha delegación do Concello de Abegondo no marco dun programa europeo que desenvolve este municipio con outros 8 países.

Durante esta visita, Caínzos tivo a oportunidade de coñecer de primeira man algúns dos puntos fortes da economía de Detmold, cidade situada nunha das zonas máis industrializadas de Alemaña, na conca do Ruhr, que poden ser de interese para Curtis nun momento en que, tras a crise, o Goberno local está a traballar en potenciar a implantación de novas empresas no Polígono Industrial de Teixeiro e que empeza a dar os seus froitos tras a recente compra de terreos por parte da transformadora láctea Goodleit e da empresa de biomasa Renova.

O alcalde curtiense coñeceu, ademais, as experiencias de traballo que desenvolve a cidade xermana en materia de biomasa e de aproveitamento lácteo, e tivo tamén oportunidade de percorrer o seu mercado tradicional.

mercado aleman 1    mercado alema 2

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.