Numeracion Curtis logos

Os primeiros traballos da modificación do PXOM de Curtis e a súa adaptación a nova Lei do Solo entregaranse no 2017

pxom2016O Concello de Curtis adxudicou en maio e formalizou en xuño deste ano o servizo de redacción das modificacións da PXOM tras un longo proceso de consultas cidadás para coñecer as alegacións e necesidades dos veciños. Modificarase así o PXOM, en vigor desde o 1 de novembro do 2007, e adaptarase á nova Lei do Solo 2/2016 do 10 de febrero deste ano.

O contrato pechouse co obxecto da prestación do servizo de redacción das modificacións puntuais do PXOM para a delimitación de núcleos rurais, reducindo os límites de determinados núcleos e reclasificando as fincas afectadas como solo rústico de protección agropecuaria, e tamén co fin de actualizar os usos reais do solo para dar respostas ás necesidades das explotacións agrarias e forestais. Ademáis, búscase a adaptación cartográfica á realidade existente como consecuencia das infraestruturas executadas por outras administracións ou organismos públicos e corrixir aliñacións en solo urbano.

Ante a complexidade dos traballos, a empresa adxudicataria comprometeuse a ir terminándoos por fases. Os máis sinxelos de redactar, como poden ser os relativos ás ampliacións dos cemiterios, serán dos primeiros que se rematen. As entregas están previstas para 2017.

Artigo relacionado e información máis detallada sobre as modificacións do PXOM (04/06/2016):

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.