Numeracion Curtis logos

A bo ritmo as obras de mellora da seguridade viaria nas parroquias

obra pontavila 2017As obras de limpeza de cunetas e de asfaltado de pistas municipais en varias parroquias do concello de Curtis e nos núcleos urbanos avanzan a moi bo ritmo. O investimento nestas execucións do Plan de Acción Social (PAS) é de 119.162 euros.

O Concello curtiense incorporou a este plan a mellora da seguridade viaria desde a N-634 a Brexería e no acceso a Abelar, na parroquia de Santa Eulalia; nos camiños de Castelo-Paradela-Labrada, de Abeledo-Filgueira-Portofaxado, do Cruzamento de Pedreira a Edrada e de Pontavila a Río, en Foxado, e da N-634 a Pardiñeiras e a Alvite, do Exameado ao límite do municipio e de Casanova a Iglesiario, en Fisteus. Ademais, mellorarase a sinalización horizontal de Curtis e Teixeiro.

As obras inclúense no PAS de 2016, que ascendeu a máis de 300.000 euros. O 60% deste orzamento foi destinado a proxectos propostos polos veciños nas asembleas cidadás convocadas polo Goberno local.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.