Numeracion Curtis logos

Curtis liquida as contas de 2016 cun alto grao de execución e un remanente de 2,5 millóns de euros

  • A porcentaxe de obrigacións recoñecidas foi do 84,46% e o de pagos realizados, do 87,14%.

concelloO Goberno local dará conta no Pleno ordinario, convocado para maña, mércores, día 5 de abril, do informe sobre a liquidación dos Orzamentos municipais de 2016, de 4.034.286 euros, no que destaca un alto grao de execución en todos os capítulos. A porcentaxe de obrigacións recoñecidas foi do 84,46% e o de pagos realizados, do 87,14%.

En canto aos ingresos, en 2016 executouse case o 80% dos previstos, mentres que a recadación subiu ata o 81,3%.

Entre as cifras sobresae, ademais, o remanente de tesouraría (o saldo que reflicte a solvencia ou capacidade económica dunha Administración para afrontar as súas débedas), que ascende a 2,5 millóns de euros. Para explicar esta alta cifra, do mesmo xeito que a do 2015, respecto de anualidades anteriores, hai que lembrar que o Concello finalizou un expediente de depuración das contas municipais, que reflicte unha redución dos pagos de dubidoso cobro ata os 95.525 euros deste ano desde que en 2009 definíronse os criterios para fixar as ditas contías.

Ademais, ao Pleno levará a aprobación provisional da ordenanza municipal reguladora de depósito, carga e transporte da madeira, para a que se abriu un proceso de consulta pública para recibir opinións e suxestións das persoas e colectivos potencialmente afectados pola ordenanza.

  • Orde do día do Pleno Ordinario de abril pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.