Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis actúa nas beirarrúas en mal estado e estreitas de Teixeiro

aceras texeiro 171  aceras teixeiro 172

Os operarios municipais do Concello de Curtis están a traballar no arranxo e reposición das beirarrúas do núcleo de Teixeiro en mal estado, así como na ampliación daquelas que son estreitas para mellorar a accesibilidade dos viandantes.

As obras iniciáronse pola Avenida Martínez Pardo e a rúa Sánchez Anido, e continuarán polas restantes.

O mesmo traballo realizarase tamén proximamente no núcleo urbano de Curtis.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.