Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis e Xuventude impulsan un campo de traballo sobre a biodiversidade dos ríos do municipio

  • Aberto á participación de 18 mozos, organizarase do 10 ao 21 de xullo.

campo traballoA concellería de Medio Ambiente do Concello de Curtis, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organizará do 10 ao 21 de xullo un campo de traballo para 18 mozos/as voluntarios/as centrado no estudo da biodiversidade dos principais ríos do municipio

A través desta iniciativa, os participantes desenvolverán labores de localización de vertedoiros incontrolados e de especies invasoras e analizarán o estado das augas en distintos puntos dos ríos que atravesan o municipio para detectar posibles contaminacións e identificar a orixe das mesmas. Ademais, elaborarán unha guía da flora e a fauna así como das especies autóctonas e das invasoras, explicando no caso destas últimas solucións para erradicalas e evitar así o seu avance.

As actividades da análise e de estudo das augas e das especies recollidas realizaranse no Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Teixeiro.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Fraga, acudiu á firma do acordo de colaboración coa directora de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez. A iniciativa enmárcase nas ferramentas que activa a Xunta para impulsar a educación non formal dos mozos e fomentar o voluntariado, a solidariedade e o altruísmo.

As inscricións poden realizarse xa a través do portal http://xuventude.xunta.es/.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.