Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis adapta os nomes dos núcleos de poboación ao ditame da Comisión de Toponimia

nome concelloO Concello de Curtis adaptará este mes os topónimos do municipio (nomenclátor) segundo os cambios fixados pola Xunta de Galicia en función dos ditames da Comisión de Toponimia.

O catálogo inclúe os 288 nomes normativizados ao galego de todas as entidades de poboación (parroquias e lugares), que serán os que se utilicen desde agora en todas as comunicacións oficiais do Concello así como na cartelaría, rotulación e indicadores.

A gran maioría dos cambios previstos ten que ver coa inclusión do artigo que acompaña aos nomes dos lugares. Ademais, iguálase os nomes de Santa Eulalia e Santaya, que quedan como Santaia.

  • Consulta neste documentos os cambios: pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.