Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis reúne á mocidade de 9 países europeos para abordar o problema da violencia de xénero

  • O seminario, que se desenvolverá desde mañá ao 30 deste mes, pretende involucrar á sociedade civil na identificación do problema e nas súas solucións.
  • O programa inclúe, entre outras actividades como mesas redonda e dinámicas de aprendizaxe, reunións coas responsables de Xuventude e Igualdade da Xunta

CIM 2 Un total de 20 participantes, representantes de entidades da sociedade civil de 9 países, reúnense desde mañá, día 26, ata o día 30, para abordar a violencia de xénero e as políticas de igualdade. O seminario enmárcase no proxecto europeo 'Ningunha violencia contra as mulleres: unha aproximación integral desde a educación non formal',  impulsado desde o Concello de Curtis e que contará coa presenza de mozos procedentes de España, Portugal, Grecia, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Bulgaria, Turquía e Italia.

A visita está subvencionada polo Programa da Comisión Europea Erasmus+ Acción K1 + e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O proxecto busca abordar desde a sociedade civil o problema da violencia de xénero en cada unha das súas fases e desde tres grandes eixos estratéxicos: ofrecer ferramentas aos profesionais que traballan coa mocidade a través de metodoloxías adaptadas ao novo contexto tecnolóxico, reflexionar cos mozos europeos sobre a identificación de situacións de conflito para a muller e a importancia dunha educación igualitaria e apoiar aquelas reformas en favor da igualdade. Tamén crearase un Observatorio de Igualdade de Xénero que será xestionado polos socios do proxecto.

Ademais deste seminario, o proxecto incluirá un intercambio de mozos cos países participantes, que se desenvolverá do 26 de outubro ao 1 de novembro.

Os obxectivos que se perseguen son os seguintes:

  • Identificar mitos e falsas realidades sobre o amor: "o amor romántico" ou "o bo amor", "os celos" ou as discusións de parella.
  • Dotar de competencias, habilidades e destrezas aos mozos para mellorar as relacións sociais a través da comunicación, reforzando a autoestima e outra obxectivos diana do perfil de potencial maltratador.
  • Concienciar da necesidade de pedir axuda e denunciar situacións sexistas ou de posibles vexación á muller en anuncios publicitarios, cancións, vídeos, contidos nos medios etc.
  • Comparar a lexislación europea en materia de igualdade e violencia de xénero.
  • Potenciar a figura do traballador de mocidade como os recursos existentes para a muller como son os Centros de Información, os teléfonos de axuda ou Casas de Acollida.

Programa do seminario:

  1. Coñecemento e estudo de novas metodoloxías:
    - Centro de Asesoramento Quérote +, dependente da Xunta.
    - Psicólogo de centro penal de Teixeiro: traballo con condenados por violencia de xénero.
    - Traballadora social do Centro de Información á Muller (CIM).
  2. Contacto con responsables do poder executivo e lexislativo:
    - Reunión coas dúas autoridades en materia de mocidade e igualdade do Goberno galego: Secretaria Xeral de Igualdade e a Directora Xeral de Xuventude.
    - Encontro coa Corporación do Concello de Curtis.
  3. Talleres, mesas redondas e dinámicas de aprendizaxe:
    - A socialización e asignación de roles/as novas tecnoloxías e o control de parella / Conceptos de violencia e asignación de roles/ Lexislación en materia de igualdade e violencia de xénero.
  4. Espazos para a reflexión sobre o coñecemento e a difusión dos resultados.
  5. Dinámicas de carácter intercultural e achegamento a outras realidades.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.