Numeracion Curtis logos

Medio centenar de representantes de seis países europeos impulsan en Curtis o voluntariado activo

  • Municipios de Italia, Portugal, Bulgaria, Hungría, Estonia e Eslovaquia analizan como promover o compromiso cidadán coa sociedade.
  • O proxecto do Concello de Curtis no marco de programa 'Europa for citizen' incluirá un acto de irmandamento.

hermanamiento 2017Medio centenar de representantes de colectivos e institucións de seis municipios de Italia, Portugal, Bulgaria, Hungría, Estonia e Eslovaquia impulsan en Curtis o voluntariado activo a través do proxecto 'Reforzando as medidas locais, multiplicando os voluntarios europeos', impulsado polo Concello curtiense no marco do programa 'Europa for citizen' (Europa para os cidadáns). Estos municipios se hermanarán con Curtis este domingo, 29.

Os representantes, que chegaron onte a Galicia, estudan como promover de maneira conxunta o voluntariado como ferramenta de promoción do compromiso cidadán coa sociedade. O programa de accións, que se desenvolverá ata o día 31 deste mes, inclúe seminarios, talleres, mesas redondas e encontros con expertos locais no campo do voluntariado, a cidadanía activa e a democracia participativa, ademais de abordar o voluntariado desde as súas distintas perspectivas, entre outras, a mocidade, o ecoloxismo, como recurso social e como un instrumento de paz entre os pobos.

As actividades comezaron esta mañá no Centro Etnográfico de Teixeiro, onde os representantes presentaron as súas iniciativas en voluntariado e deron a coñecer os seus municipios. Ademais, acompañados polo alcalde Javier Caínzos e o tenente de alcalde, Antonio Fraga, coñeceron o concello e a economía local cunha visita á empresa Bioetanol no Polígono de Teixeiro e á quesería Queinaga.

Cun financiamento de 10.000 euros, o proxecto do Goberno curtiense, que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, foi dos poucos en España en conseguir luz verde do programa 'Europa for citizen'.

XVIII Exaltación dos Cogomelos de Teixeiro

O Goberno local aproveitará esta estancia para fomentar a interacción dos asistentes coa comunidade local. Así, fíxose coincidir o irmandamento coa celebración da XVIII Exaltación dos Cogomelos de Teixeiro os días 28 e 29 de outubro, na que 24 locais de hostalaría promocionarán nunha ruta gastronómica as decenas de maneiras de preparar este produto local, organizaranse dous actos sobre a cultura musical como é o V Ruada e o IV Dakar Ghaiteiro e porase en marcha o IV Feira do Comercio Local de Teixeiro, impulsada pola asociación de comerciantes da localidade.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.