Numeracion Curtis logos

O CIM de Curtis activa o Programa Iguais nos centros educativos para implicar ao alumnado na batalla pola igualdade

  • Desenvolve talleres de coeducación para erradicar roles e para que os mozos aprendan a detectar comportamentos sexistas e previr a violencia de xénero.
  • Os alumnos e alumnas elaboran carteis e lemas para axudar na sensibilización con vistas ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

taller cim 2A área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do Centro de Información ás Mulleres, puxo en marcha o 'Programa Iguais' nos centros educativos do municipio co obxectivo de sensibilizar aos máis novos en materia de igualdade e de que adquiran consciencia do problema que representa a violencia de xénero co fin de previla. A campaña fíxose extensiva ao resto de municipios que atende o CIM curtiense, Sobrado e Vilasantar.

Este programa inclúe o desenvolvemento de talleres nos CEIP e no Instituto, adaptados á idade dos alumnos, nos que se abordan a coeducación e as habilidades sociais para un bo trato entre iguais, trabállase a desmitificación do amor romántico e visibilízase o sexismo na publicidade e os estereotipos de xénero. Esta formación busca erradicar desde unha idade temperá os roles sexistas que continúan presentes na sociedade e conseguir que os mozos poidan detectar comportamentos e actitudes aparellados á violencia de xénero. No caso dos alumnos máis pequenos, este labor de coeducación realizarase utilizando cans de terapia como iniciativa pioneira.

taller cim 1A través deste tipo de campañas, o Concello curtiense aposta por implicar aos mozos na batalla pola igualdade de forma que se convertan en verdadeiros axentes de cambio social para previr a violencia de xénero. Para iso, o CIM ha traballo directamente cos profesores e a dirección dos centros educativos.

Participación activa do alumnado

O Programa Iguais tamén quere facer partícipe aos alumnos e alumnas na loita pola sensibilización da poboación repartindo material elaborado por eles mesmos para o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este material incluirá carteis deseñados polos mozos, lemas que se imprimirán en chapas e a colocación de photocall nos centros educativos a próxima semana, para que o alumnado suba ás redes sociais mensaxes en contra da violencia de xénero.

O traballo nas escolas e o Instituto continuará durante o segundo trimestre co desenvolvemento de dinámicas de intelixencia emocional para fomentar as relacións baseadas no respecto e na igualdade de xénero.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.