Numeracion Curtis logos

O Centro de Día de Curtis cumpre un ano de funcionamento co 88% das súas prazas cubertas

  • O Goberno local pide ao Consorcio que amplíe de maneira gradual o número de prazas ata o total da súa capacidade, para 40 persoas.

centro dia anoO Centro de Día de Curtis celebra o seu primeiro ano de funcionamento co 88% das súas 25 prazas habilitadas xa cubertas e cunha lista de espera de 10 persoas. As instalacións dan servizo, ademais de ao municipio curtiense, a Aranga, Oza-Cesuras, Frades, Mesía, Boimorto, Vilasantar e Sobrado xa que son as únicas que prestan na comarca atención terapéutica integral diúrna ás persoas maiores, con dependencia ou con grave risco de padecela.

Este servizo abriu as súas portas a finais do ano pasado e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, departamento do que depende a dirección e xestión do centro, habilitou 25 prazas, aínda que agora o Goberno local pide que se poidan ir ampliando de maneira gradual ata a totalidade da súa capacidade, que é para 40 persoas. Ademais, insta á Consellería de Política Social a acelerar o proceso de valoración e recoñecemento do grao de dependencia.

O alcalde Javier Caínzos foi a visitar antes de Nadal aos usuarios do Centro para desexarlles unhas Felices Festas, e sostivo que a case ocupación na súa totalidade das prazas habilitadas no prazo dun ano reflicte a necesidade de seguir apostado por aqueles servizos que melloren o benestar e a calidade de vida das persoas de máis idade, como é a construción dunha residencia que poida complementar o Centro de Día.

Durante este ano, o Goberno local incrementou un 22% o persoal de Servizos Sociais para atender o Servizo de Axuda non Fogar co fin de dar a cobertura necesaria aos seus usuarios desde o minuto uno, en especial naqueles casos nos que aínda se está tramitando a dependencia. Ademais, é reforzo permitirá aumentar un 30% o número de usuarios.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.