Numeracion Curtis logos

O Concello curtiense participa coas súas propostas na futura Estratexia da Infraestrutura Verde para a provincia

  • Ábrese o proceso de participación veciñal cunha reunión no Centro Etnográfico de Teixeiro.

infraestrutura verdeO alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Fraga, presentaron onte as propostas do concello para incluir no documento ‘Feitos, Retos e Propostas’ que servirá de base para elaborar a Estratexia de Infraestrutura Verde da Coruña, que desenvolve o Goberno curtiense xunto ao resto dos municipios coruñeses e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Esta Estratexia, que se analizou onte nunha reunión coa Consellería, será un instrumento de planificación de zonas naturais e doutro tipo de elementos para garantir a provisión de servizos ambientais e a protección da biodiversidade. O proxecto se adianta a un futuro requerimento do Goberno español e que segue as pautas marcadas por Europa.

Nos traballos previos tamén terán un papel clave os cidadáns a través dun proceso de participación, no que se enmarca a reunión que se manterá hoxe cos veciños e veciñas no Centro Etnográfico de Teixeiro, ás 18.30 horas.

Fases do proxecto

O desenvolvemento da Infraestrutura Verde da Área da Coruña articularase en catro fases:

  1. Xa en marcha. Esta fase, que concluirá a finais de maio, busca aglutinar os resultados do traballo desenvolvido no espazo de gobernanza intermunicipal que se creou a mediados de xaneiro e dos cuestionarios cubertos polos alcaldes co fin de priorizar aqueles retos e feitos que se plasmarán logo en propostas.
  2. Presentación, previsiblemente no mes de xullo, do primeiro borrador da Estratexia, que integrará os distintos niveis de participación cos estudos e criterios técnicos.
  3. A partir deste documento previo o obxectivo é presentar a estratexia ante concellos e sociedade civil a finais deste ano, concretamente no mes de novembro.
  4. Impulsar na práctica o desenvolvemento da propia estratexia a través da produción conxunta da man dos concellos de proxectos intermunicipais e do seu posterior seguimento.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.