Numeracion Curtis logos

Curtis obtén unha axuda de 56.000 euros da Deputación para impulsar o proxecto da Casa Museo de Antonia Dans

  • A achega servirá para cofinanciar a compra do inmoble e a rehabilitación da súa estrutura, en moi mal estado.

pleno dansO Pleno da Deputación deu luz verde hoxe a unha achega de 56.000 euros para cofinanciar a compra da casa de Antonia Dans en Curtis, que o Concello de Curtis vai adquirir á familia para convertela nun museo co fin de lembrar a figura e a obra desta artista neoexpresionista e para dinamizar a vida cultural do municipio e a comarca.

O alcalde Javier Caínzos, que asistiu hoxe ao Pleno, agradeceu a pronta resposta da institución provincial a este proxecto, que o Goberno local tiña en mente desde o ano 2006 cando incluíu este inmoble no PXOM cun grao de protección especial. A idea mantívose á espera ao priorizar o Goberno local outras necesidades en etapa de crise, pero agora, tras tres anos de débeda cero e co peche dos orzamentos con superávit, retómase esta antiga aspiración.

O obxectivo do rexedor, que comezou as xestións para financiar o proxecto tras planificalo cos colectivos do municipio, é comprar a casa, típica da zona pola súa singular galería de madeira, e proceder á rehabilitación da cuberta e o exterior. O orzamento previsto para esta primeira fase é de 70.000 euros, dos que o Concello achegará o 20%. A folla de ruta do Consistorio é recuperar tamén o mobiliario, orixinal da época, que se atopa moi danado.

Ademais do Museo de Antonio Dans, o Goberno local quere utilizar as edificacións complementarias do inmoble para crear unha escola de pintura. Tamén se espera abrir espazos para dinamizar a vida cultural e a participación veciñal e valórase incluír un museo da madeira pola vinculación deste sector co desenvolvemento económico do municipio.

María Antonia Dans, a pintora

María Antonia Dans instalouse moi pequena coa súa familia en Curtis. Desde esta casa vía transcorrer a vida local e o desenvolvemento da feira, e no municipio descubriu as cores que acompañaron toda a súa creación artística. En Curtis tiña a autora o seu estudo galego, desde onde facía excursións e tomaba notas que logo trasladaba ás súas obras.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.