Banner XIX exaltacion dos cogomelos 2018

Curtis e a entidade londinense Nicola colaborarán no desenvolvemento de programas e intercambios xuvenís

  • Traballarán nas áreas de cultura, deporte, turismo activo, medioambiente, igualdade, arte e emprendimiento.

acuerdo nicolaO Concello de Curtis e Nicola, entidade xuvenil internacional de artes vivas con sede en Londres, asinaron un acordo de colaboración para deseñar, crear e implementar programas de mocidade para o desenvolvemento de competencias e destrezas vinculadas á empregabilidade, a solidariedade e a cidadanía, así como para facilitar o intercambio entre mozos de ambas  localidades.

Entre as áreas de colaboración destacan, ademais dos intercambios bilaterais, a cultura; o deporte e a saúde, para potenciar hábitos de vida saudable e impulsar competicións deportivas que promovan o compañeirismo e o traballo en equipo; o medio ambiente, para a posta en valor de contornas naturais; o turismo activo; a creatividade e a arte; o espírito emprendedor, para a difusión de ideas empresariais, e a igualade, para a promoción social e laboral da muller.

A firma do acordo efectuouse en Londres, onde acudiu o alcalde Javier Caínzos convidado pola entidade para coñecer de primeira man as actividades que realizan con mozos e mozas de distintos países europeos.

Con este novo acordo, o Concello curtiense renova lazos de unión con Nicola xa que nos últimos a mocidade do municipio participou en proxectos de intercambio grazas á colaboración das dúas entidades.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.