Numeracion Curtis logos

Investimento de 750.000 euros na mellora da seguridad viaria coa senda peonil e a construción da glorieta no cruce do Empalme

  • O novo itinerario peonil, cun investimento de arredor de medio millón de euros, dota aos veciños de Curtis dunha infraestrutura axeitada a unha zona na que se concentran vivendas, servizos e equipamentos, como o cemiterio.
  • A obras da rotonda, cun investimento de 250.000 euros, comezarán en agosto.

empalme vecinos empalme 2

A senda peonil na Rolda de A Coruña, de 1,7 quilómetros de itinerario, está xa en uso. A obra da resposta a unha vella demanda do Concello de Curtis parar mellorar a seguridade viaria da zona, así como o fará a inminente construción da nova glorieta na estrada AC-840, no cruce do Empalme, actuacións nos que o investimento se eleva a 750.000 euros.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro e o alcalde, Javier Caínzos, supervisaron hoxe o resultado das obras do novo itinerario construído entre a travesía de Curtis e o Alto da Espeniña, ao longo da AC-840, que une Betanzos co límite da provincia de Pontevedra, no concello de Agolada.

A responsable autonómica sinalou que esta nova senda, que desde a semana pasada está sendo utilizada polos veciños, supón unha maior comodidade e seguridade á hora de realizar os seus desprazamentos habituais a pé dun xeito seguro, sostible e integrado na paisaxe. O novo itinerario permite dotar o municipio dunha infraestrutura axeitada de comunicación viaria nunha zona na que se concentran vivendas, servizos e equipamentos, como o cemiterio.

A actuación supuxo un investimento de arredor de medio millón de euros, tendo en conta tamén os terreos necesarios para a súa execución. A senda, que conta cun ancho mínimo de 1,8 metros, está construída en formigón coloreado para facilitar unha maior visibilidade e ser máis identificable polos vehículos que transitan pola estrada. Ademais, as ctuacións complementarias permitiron mellorar a intersección coa estrada que vai ao cemiterio e a execución de dous muros de contención.

A glorieta, finalizada en outono

A conselleira anunciou tamén que en agosto poderá iniciarse a execución da rotonda no cruce do Empalme, que se atopa xusto onde finaliza a senda que se vén de poñer en servizo. A mesma reforzará a seguridade viaria ao permitir os xiros en condicións máis seguras e de maior visibilidade. Mellorase, ademais, o firme e dotarase de beirarrúas a súa contorna. O obxectivo é finalizar a obra en outono, dado que ten un prazo de execución de 3 meses, cun investimento de arredor de 250.000 euros, contando tamén as expropiacións.

O longo dos últimos meses, o departamento autonómico desenvolveu os trámites administrativos necesarios para avanzar nesta actuación, pagando os depósitos previos á ocupación no mes de maio e adxudicando a obra en xuño. Isto, adiantou, permitirá poder iniciar os traballos en agosto.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.