Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Condolencias do Concello de Curtis polo pasamento de Fernández Albor, referente no nacemento da autonomía galega

alborO Concello de Curtis traslada as súas condolencias e o seu agarimo á familia e amigos de Xerardo Fernández Albor, primeiro presidente da Xunta e protagonista dos primeiros pasos do autogoberno de Galicia, que faleceu hoxe con case 101 anos de idade.

Figura clave e fundamental da política galega, o Concello de Curtis quere destacar o seu labor e o seu talante, fundamentais nos inicios difíciles e precarios dun goberno que empezaba a asentar os alicerces da autonomía nacente tras a aprobación do seu Estatuto.

O Concello quere lembrar, ademais, o apoio do presidente a importantes proxectos que se puxeron en marcha no municipio curtiense durante os seus mandatos. Para o Goberno local curtiense, a Fernández Albor lembraráselle sempre como un galego comprometido co país, sen o que non se pode entender o desenvolvemento económico, social, político e cultural de Galicia.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.