Numeracion Curtis logos

A roza dos máis de 300 quilómetros de pistas asfaltadas municipais de Curtis finalizará este mes

  • O traballo de catro operarios que traballan a quendas permitirá que este sexa o primeiro ano no que esta actuación finalice con tanta antelación.

foto desbroceAs obras de limpeza e roza da rede viaria de máis de 300 quilómetros de pistas e camiños asfaltados do municipio de Curtis avanzan a moi bo ritmo. O Goberno local espera que finalicen nunha semana, polo que sería a primeira vez que esta actuación finaliza con tanta antelación.

Neste labor, coordinada polo concelleiro de Obras e Servizos, Emilio Souto, están a traballar a quendas de mañá e tarde catro operarios municipais con dous tractores, unha rozadora de arrastre e dúas rozadoras laterais. En breve comezará a limpeza das pistas non aslfaltadas.

A limpeza da rede viaria realízase todos os anos co inicio do verán co obxectivo de mantela en bo estado de conservación, mellorar a súa seguridade e como prevención dos incendios forestais.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.