Numeracion Curtis logos

O Concello curtiense adxudica a construción das bancadas, cafetaría e cuberta do campo de fútbol de Curtis

  • O investimento nesta actuación, moi demandada, é de 132.000 euros, e completarase con outra de 57.000 euros para mellorar a iluminación.

actuacion bodeusO Concello de Curtis acaba de adxudicar as obras para a construción das bancadas, a cafetaría e a zona cuberta de campo de fútbol de Curtis en Bodeus, execución na que se investirán 132.000 euros.

A actuación, que finalizará antes de final de ano, foi moi demandada polos numerosos usuarios do campo e polo club xa que permitirá un maior e mellor uso das instalacións.

A área cuberta terá capacidade para acoller a 180 persoas, 140 sentadas nas bancadas.

Ademais desta obra, procederase a mellorar a iluminación do campo co obxectivo de que poida ser utilizado durante máis horas no día. O orzamento neste caso ascende a 57.000 euros.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.