Numeracion Curtis logos

O Concello homenaxeará a Eugenio Martínez, Embaixador de Curtis en Arxentina, que faleceu este mes

  • A familia oficiará o funeral este sábado, día 22, en Teixeiro

Eugenio MartinezO Concello curtiense prepara unha homenaxe a Eugenio Martínez Paredes, veciño moi querido e Embaixador de Curtis en Arxentina, país onde residía desde hai máis de medio século, que faleceu este mes e cuxo funeral en Teixeiro oficiarase este sábado, día 22.

O Goberno local lamenta profundamente esta perda e acompañará á familia e amigos no funeral.

Nomeado Embaixador de Curtis pola Corporación local en 2009 e presidente da Unión de Residentes de Curtis en Buenos Aires, Eugenio Martínez realizou un enorme papel como nexo de unión entre Curtis e os centenares de curtienses residentes en Arxentina, transmitindo sempre o amor polas súas raíces aos descendentes de galegos emigrados.

O Concello lembra, ademais, o seu esforzo por manter a Casa de Curtis en Arxentina e por contribuír a que o Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro fose unha realidade.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.