Numeracion Curtis logos

A ampliación de empresas no Polígono Industrial de Teixeiro supón un investimento de dous millóns de euros

  • Estas obras, xunto coas de Inleit, Greenalia e a segunda fase de urbanización de polígono, supuxeron a creación de máis de 500 postos de traballo.
  • O sector hostaleiro do municipio é xa o primeiro beneficiario desta dinamización económica.

rodinas mustallar

Dúas empresas xa instaladas no Polígono Industrial de Teixeiro están a ampliar as súas instalacións, traballos nos que se investirán dous millóns de euros.

A obra de ampliación máis importante por investimento execútaa o Grupo Rodiñas, especializado na fabricación e montaxe de pezas de formigón, que aumentará a súa superficie construída nun 69%, pasando de 16.000 a 25.000 metros cadrados. O investimento ascende a máis de 1,8 millóns de euros.

A outra empresa que está en obras e que case duplicará a súa superficie é Mustallar Energías. Aumentará a súa actual nave dedicada ás enerxías renovables a través do Centro de Experimentación Hidráulica co fin de emprender actividades relacionadas con carpintaría de madeira e metálica, si como con montaxes mecánicas. O investimento previsto é de 139.799 euros.

Estas actuacións no Polígono de Teixeiro súmanse á construción de dúas novas empresas que serán punteiras nos seus sectores, Inleit no lácteo, e Greenalia, nas enerxías renovables, así como á execución da última fase da urbanización do Polígono.

O gran movemento de obras no Polígono trouxo consigo a creación de máis de medio milleiro de postos de traballo só na construción, número que se incrementará aínda máis durante os meses que duren as actuacións. Esta cantidade de operarios supón un forte impulso do sector da hostalaría do municipio, que xa é un dos primeiros beneficiarios desta dinamización económica.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.