Numeracion Curtis logos

O Concello nomea Embaixadora do municipio a Beatriz Remeseiro pola súa labor investigadora e divulgativa no ámbito nacional e internacional

  • O Goberno local destaca a traxectoria brillante desta “muller estudosa, traballadora e tenaz”.

beatriz remeseiroA Corporación de Curtis aprobou por unanimidade a proposta  do equipo de Goberno de nomear Embaixadora do municipio a curtiense Beatriz Remeseiro López (1985) en recoñecemento a súa traxectoria profesional como investigadora e divulgadora tanto no ámbito nacional como internacional.

Esta distinción é unha das máis destacadas que concede o Concello á cidadanía co fin de homenaxear a veciños e veciñas que son referentes e que representan o empuxe e o talento dos curtienses.

Na súa proposta, o Goberno local define á súa veciña como unha muller estudosa, traballadora, tenaz e brillante, que manexa varios idiomas e que desenvolveu, pese a súa mocidade, numerosas traballos de investigación, divulgación e colaboración.

Esta docente do departamento de Informática da Universidade de Oviedo levou a cabo importantes colaboracións con investigadores universitarios tanto en España coma e Portugal, Austria ou Reino Unido. Ten participado en varios proxectos de I+D+I e en comités científicos, organización de actividades de I+D+I e ten publicado máis de 40 traballos en congresos internacionais e nacionais, 10 artigos científicos en revistas de impacto e foi coautora de 5 capítulos de libro.

Ao longo da súa carreira foi merecedora de múltiples premios e becas; o derradeiro recoñecemento foi o acadado no ano 2016, o Premio Gradiant á mellor tese doctoral aplicada ao sector TIC, outorgado polo Colegio Oficial e Asociación de Ingenieros de Telecomunicación de Galicia.

  • Proposta do Goberno local pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.