banner cultura 2019 1

Rouban bens valorados en 450 euros no campo de fútbol de Curtis e causan desfeitas por valor de 550 euros

  • O alcalde Javier Caínzos, que presentou xa a denuncia, volve realizar un chamamento ao civismo e ao respecto.

robo curtisO alcalde de Curtis, Javier Caínzos, presentou hoxe unha denuncia ante a Garda Civil por un novo roubo no campo de fútbol Lucas Vázquez, de Curtis, onde levaron varios termos de café e refrescos por valor de 450 euros. Ademais, causaron danos valorados en 550 euros ao forzar varias fechaduras e provocar danos nas portas e paredes do recinto deportivo.

Non é o primeiro roubo que sofren os campos de fútbol do municipio, xa que con anterioridade subtraeron material e causaron danos tanto nas instalacións de Curtis como nas de Teixeiro. En todos os asaltos que sufriron as perdas elévanse xa a miles de euros.

Desde o Concello de Curtis vólvese a lanzar unha mensaxe pedindo civismo e respecto polos bens públicos co fin de evitar os actos vandálicos, e convidan os cidadáns a alertar ás forzas de seguridade se as detectan.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.