Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis ultima a posta en marcha dun Programa de Formación en Transversalidade de Xénero

O Concello de Curtis ultima a posta en marcha dun Programa de Formación en Transversalidade de Xénero destinado a que tódalas concellerías e servizos do Concello traballen baixo o principio de igualdade.

TRANSVERSALIDAD DE GÉNEROTrátase dun programa formativo dirixido a traballadores e traballadoras municipais, así como a integrantes da Comisión de Igualdade e dos movementos asociativos.

Éste constará de oito módulos, nos que se abordarán temas como a transversalidade de xénero na educación, a comunicación e a linguaxe; a implementación da transversalidade de xénero nas políticas públicas e as políticas de emprego, ou o coñecemento dos movementos asociativos a nivel comarcal en materia de xénero.

O curso está financiado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa para promover a xestión das políticas locais de igualdade e incorporar a perspectiva de xénero a tódolos ámbitos da vida local.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.