Numeracion Curtis logos

Curtis aposta por fomentar a empregabilidade da xente nova

Esta mañá o Espazo Xove de Curtis foi o escenario da celebración dun encontro sectorial sobre empregabilidade da xente nova, impulsado pola Consellería de Política Social, no que se realizaron varios obradoiros para potenciar a comunicación, a xestión de conflitos e as competencias profesionais.

Neste evento, que congregou a ducias de rapaces e rapazas do Concello, estiveron presentes a directora xeral de Xuventude, Cristina Píchel, e o alcalde curtiense, Javier Caínzos, quen destacou a importancia de desenvolver as competencias persoais básicas, como a comunicación, na procura activa de emprego.

Este encontró desenvolveuse ó abeiro do proxecto Lidera (España-Portugal), que pretende ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e valores que lles axuden a descubrir as súas paixóns e as posibles saídas profesionais das mesmas.

 Encontro sectorial empregabilidade copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.