Numeracion Curtis logos

Rematado o proxecto de mellora dos camiños de acceso ós lugares de Codeso e A Ratona, na parroquia de Fisteus

O Concello de Curtis vén de anunciar o remate das obras de mellora dos camiños de acceso aos lugares de Codeso e Ratona dende a Estrada AC-230, na parroquia de Santa María de Fisteus.

Nesta intervención procedeuse ó reforzo do firme da calzada, á limpeza das cunetas, á reposición de elementos estruturais, e á instalación dunha nova sinalización horizontal; mellorando a seguridade dos veciños e veciñas que transitan por estes camiños.

O proxecto, enmarcado no Plan de Mellora dos Camiños Municipais 2019-2020, tivo un custo total de 80.428 euros, dos cales 66.470 procederon da Consellería de Medio Rural.

 

proxecto mellora3

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.