Numeracion Curtis logos

O pleno extraordinario saiu adiante únicamente cos votos a favor do equipo de goberno

O Concello de Curtis aprobou no pleno extraordinario celebrado esta tarde a declaración de especial interese ou utilidade municipal de tres empresas (Losán, Revymor -antiga Rodiñas- e Inleit) para que poidan obter a correspondente bonificación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras en base á ordenanza fiscal reguladora do ICIO

A medida, que busca promover o asentamento de iniciativas empresariais no municipio e que incentiva a creación de emprego, foi aprobada cos votos a favor únicamente do equipo de goberno.

Os proxectos que desenvolveron nos últimos anos estas tres empresas, e que son susceptibles de ser bonificados, ascenden a máis de 8,9 millóns de euros e lograron xerar máis de 140 postos de traballo.

Novas delimitacións

Ademais, aprobouse a requerimiento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda as novas delimitacións de trece núcleos das parroquias de Fisteus (Os Campos, As Regas, Balter e Cruceiro), de Santa Eulalia de Curtis (Abelar, Brixería, Montealto, Morangueiros, Cerdeira, Modillós, Santaia e Curro) e de Lourdes (Bodeus), dentro da modificación puntual nº 6 do PXOM de Curtis. O novo documento elaborouse de forma consensuada coa dirección xeral de Urbanismo para obter o antes posible a aprobación definitiva e que poida entrar en vigor nestes núcleos xunto cos 130 xa aprobados previamente.

O proxecto completo supón a desclasificación de 3 millóns de metros cadrados de chan rural, que pasan a ser considerados chan rústico, o que permitirá crecer ás explotacións agropecuarias e gandeiras. Este punto tamén recibiu 8 votos a favor do equipo de goberno e tres abstencións da oposición.

Outros puntos

No pleno tamén aprobouse a designación como coordinadora da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde a Carmen Cernadas e como técnico a Gemma Rocha, técnica do área social do Concello. Esta proposta levouse a cabo para coordinala coa nova relación de postos de traballo e dar celeridade á acción de goberno.

Asímesmo, designouse como novo xuíz de paz substituto por un período de catro anos a José Ramón García Peteiro.

Ademais, aprobáronse dous proxectos (un de pavimentación e outro de saneamento) con cargo ao Plan Complementario do POS+ 2020 e procedeuse ao sorteo para a elección dos membros das mesas electorais para as Eleccións ao Parlamento Galego. Todos estes puntos tamén contaron únicamente co apoio do equipo de goberno.

IMG 20200310 143319X copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.