Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis presenta un libro que rinde homenaxe ás mulleres do rural

  • As poetas Lupe Gómez e Ánxeles Penas foron algunhas das asistentes ao acto

Esta mañá tivo lugar o acto de presentación do libro realizado pola área de Igualdade e o Cim de Curtis “As mulleres son a historia”. O escrito, que ten como obxetivo homenaxear e poñer en valor a traxectoria das mulleres do rural foi presentado na praza do Concello en Teixeiro e na Carballeira en Curtis.


Ao evento acudiron 10 das 14 mulleres que se inclúen no libro así como o alcalde de Curtis, Javier Caínzos e membros do equipo de goberno.


A concelleira de igualdade Eva Lata abriu o acto en Curtis coa lectura da introducción do libro, as poetas Lupe Gómez e Ánxeles Penas realizaron a lectura dun dos seus poemas e finalmente a ex concelleira Ana Mahía recalcou a importancia de loitar pola liberdade.


Pola súa parte, o alcalde de Curtis Javier Caínzos anunciou: “Traballar por unha igualdade real e efectiva, rachar cos estereotipos de xénero, correxir a desigualdade distributivas dos roles na sociedade así como a eliminación dos obstáculos que impiden ás mulleres o pleno desenrolo profesional e persoal son obxetivos e prioridade do goberno local”.


Dende o Concello agradecemosmo gran labor destas e de todas as mulleres no día a día.

Curtis homenaxe mulleres do rural

Curtis homenaxe mulleres do rural

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.