Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis asumirá os custos na factura da auga dos días que os 2091 abonados estiveron sen auga potable tras o vertido de purín

Curtis, 8 de outubro de 2021-. O pasado 28 de setembro o río Carballido sito no Concello de Curtis sufriu un vertido de puríns que afectou á potabilidade da auga tratada na ETAP da Ratona.

Dito vertido provocou que se declarase a auga suministrada ó longo das redes de distribución como non apta para consumo humano e non potable ata o día 5 de outubro, día no que os resultados das múltiples analíticas certificaron a potabilidade da mesma e a volta a normalidade. 

A requerimento do alcalde do municipio, e ca intención de compensar os días que os abonados afectados estiveron sen servizo, vénse de realizar un cálculo do desconto a realizar no concepto de auga do recibo do terceiro trimestre do presente ano, próximo a facturarse.

Este desconto afectaría a todos os abonados, agás ós abonados do polígono industrial de Teixeiro que non se viron afectados polo lamentable incidente, xa que se abastecen dende a potabilizadora do polígono e ésta non foi afectada polo verquido.

O desconto calculouse con unha porcentaxe do 7,78%, xa que foron 7 os días sen servizo sobre os 90 días dun trimestre natural. No caso de aprobarse dito desconto na facturación, que ascende a un total de 2.489,64 € (IVE incl.), sería facturado ó Concello e descontado en cada recibo individual a cada abonado, que son un total de 2091.

O Concello cun equipo técnico elaborará un protocolo para que dé cubertura en situacións de emerxencia por se se ve alterado nalgunha outra vez o servizo de abastecemento de auga e continuará reforzando e ampliando o servizo de abastecemento para dispoñer de varias alternativas e zonas de captación.

O alcalde dará conta destas propostas aos membros da corporación no pleno ordinario que se celebrará o vindeiro luns 11 de outubro.

img grifo vaso hd

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.