Numeración Curtis

ANUNCIO DE APROBACIÓN DE PORCENTAXES DE RESERVA DE SOLO PARA VIVENDAS SOMETIDAS A ALGÚN RÉXIME DE PROTECCIÓN PÚBLICA

ANUNCIO DE APROBACIÓN DE PORCENTAXES DE RESERVA DE SOLO PARA VIVENDAS SOMETIDAS A ALGÚN RÉXIME DE PROTECCIÓN PÚBLICA

PREME NA LIGAZÓN: 2022_07_01__Anuncio_BOP.pdf

O CONCELLO DE CURTIS REDUCE A RESERVA DO SOLO PARA VIVENDA PROTEXIDA DO 30 AO 6,42%
 
Ás 14:15 horas de hoxe levouse a cabo un pleno extraordinario no que se aprobou a proposta da alcaldía sobre a fixación de porcentaxe de solo para vivenda de protección pública.
 
A proposta debatida e aprobado no pleno, contou coa abstención de Asambleas Abertas e contempla a reducción do 30 ao 6,42% para a construcción deste tipo de vivendas.
 
Ata o momento tomábase como referencia a porcentaxe fixada pola lexislación estatal e autonómica, isto é o 30 % para cada ámbito incluído en actuacións de urbanización. Agora, aplicando o disposto no art. 42 da Lei do Solo de Galicia, substituirase ese 30 % polo criterio de tomar como refencia a demanda potencial de vivenda protexida, en base ao número de solicitantes no Rexistro único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, e en atención á Resolución de 07/02/2022 do IGVS, que fixa como porcentaxe de reserva de solo o 6,42 % como medio conxunto de Galicia.
 
289989329 2229230750570332 5882504848601287222 n copy
 
 

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.