Numeracion Curtis logos

Teatro en Curtis este domingo 19 de novembro coa obra "O Furancho"

A compañía galega Ibuprofeno Teatro  presentará este domingo 19 de novembro a súa obra “O Furancho” en Curtis, protagonizada polas actrices Isabel Risco e Marián Bañobre e escrita e dirixida por Santiago Cortegoso.

Trátase dunha obra organizada pola Área de Cultura do Concello de Curtis co fin de achegar o teatro á veciñanza.

”O Furancho” é unha comedia na que a través da metáfora gastronómica plantexanse cuestións que afectan á sociedade contemporánea, como a pobreza cultural ou as eleccións que realizan as persoas e como estas as definen.

O espectáculo xa recorreu gran parte da xeografía galega e acadou os Premios María Casares ao Mellor Vestuario e el Premio Fetega (Festival do Carballiño) ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco).

Amplía información aquí: https://www.ibuprofenoteatro.com/.../espe.../item/o-furancho

400959071 735344571971303 2632314131726333032 n

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.