Numeracion Curtis logos

Programación Día Contra a Violencia de Xénero

A área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do CIM, presenta a súa programación de cara ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, no que recolle varias actividades baixo o lema “Ponlle fin para ter un principio”.

A concelleira de Igualdade, Eva Lata, explicaba esta mañá: “O concello quere concienciar a toda a comunidade curtiense da necesidade de visibilizar a situación das mulleres na sociedade, denunciar as desigualdades e o maltrato así como fomentar a igualdade entre uns e outras nos ámbitos laborais, culturais, deportivos ou familiares, entre outros”. Engadía a concelleira que “a pesar de ser unha campaña dirixida a diferentes públicos o eixo principal xira en torno á mocidade con formacións no CEIP de Curtis e CEIP de Teixeiro co Contacontos de Igualdade e Olimpiadas de oportunidades. No IES de Curtis refórzase a formación co taller Relacións igualitarias e para alumnado e profesorado coa charla Violencia de Xénero Novo Contexto Dixital ademais do stand “Agresión Off” da Xunta de Galicia que se achegará ata o centro”.

Ademais das formacións, pretenderase sensibilizar á comunidade en xeral coa instalación de sinais contra o maltrato da campaña de Atresmedia “Tolerancia cero” nos núcleos de Curtis e Teixeiro así como a decoración nas entradas das oficinas municipais con flores moradas como símbolo de repulsa cara as conductas de violencia de xénero e a instalacións de carteis co lema da campaña.

Por outra banda, o concello vén de adherirse á campaña da Xunta de Galicia “Camiño ao respecto” e á da Deputación de A Coruña “De fronte”.

Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer 25 noviembre

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.