Numeracion Curtis logos

Aprobado o orzamento máis alto da historia do Concello de Curtis, crece un 14,80% e ascende a 6.002.342 euros

O orzamento para o ano 2024 do Concello de Curtis ascende a 6.002.342 euros, o que supón un incremento do 14,8 % respecto ao 2023, según a proposta que o goberno local levou hoxe para o seu debate e aprobación no pleno.
 
Os orzamentos seguen as mesmas pautas que anos anteriores nos que se manteñen como obxectivos principais a moderación no gasto, o mantemento dos servizos básicos, a atención social e a conxelación de impostos dende o ano 2010 (a excepción dos prezos públicos das actividades que levaban conxeladas 13 anos e neste ano actualizáronse). Os demais impostos como o IBI, IAE, ICIO, saneamento, abastecemento e IVTM (imposto de vehículos a motor) non se suben.
 
O Concello segue crecendo e aposta por unhas contas expansivas e sociais xa que volve a crecer a partida en servizos sociais cunha inversión total de 1.279.321,57 euros e cunha subida dun 2% respecto ao ano anterior. Destaca a aportación para o Centro de Día de Curtis cunha partida de 25.000 euros, a Galiña Azul de Teixeiro de 46.800 euros e Xantar na casa de 16.000 euros. Ademais dun custo para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e Ao teu carón dun total de case 400.000 euros nos que se atenden a 118 veciños.
 
Case o 17% do orzamento irá destinado a investimentos cunha partida de 1.007.653 euros. Mantense o compromiso financieiro na área de promoción da hostelería e comercio local coa campaña de Nadal ou outras celebracións como a feira de 1900, a ruta cabalar, a Festa do Cabalo en Teixeiro, a festa do Cogomelo ou a ruta Destapate. Mantense tamén no ámbito educativo e cultural e no deportivo como novidade a milla Milla urbana que se alternará nos dous pobos de Curtis e Teixeiro.
 
O alcalde considera que a situación económica do concello é boa, as boas perspectivas económicas locais, coa enorme dinamización que suporá a instalación de novas empresas e industrias así coo a iniciativa emprendedora e as políticas de contención de gastos permitirán non só manter senon incluso incrementar os servizos básicos e aumentar a atención social e os investimentos previstos.
 
“Os gastos e os ingresos non só están equilibrados senon que a previsión é ter un importante aumento dos ingresos polas xestións realizadas con outras administracións e tamén polo desenvolvemento urbanístico e o asentamento empresarial” comentou hoxe o alcalde, Javier Caínzos.
 
Os orzamentos foron aprobados cos votos a favor do Partido Popular e os votos en contra do Bloque Nacionalista Galego.
 
417528405 778527587653001 5829263038168555419 n

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.