Numeracion Curtis logos

¿QUE É O PROXECTO "CONSTRUÍNDO O RURAL DE HOXE E O DE MAÑÁ"?

CARATULA PROXECTOO proxecto "Construíndo o rural de hoxe e o de mañá" que está a levar a cabo o Concello de Curtis xunto coa Asociación Fusquenlla e outras oito entidades de Rumanía, Bulgaria, Italia e Portugal está dirixido a tódolos xóvenes do rural, xa que ten como obxectivos principais o desemprego xuvenil e a creatividade e o espíritu emprendedor noentorno rural, así como dar a coñecer os mecanismos de participación existentes.

Para levar a cabo estes obxectivos vanse facer dúas actividades, unha local e outra a nivel europeo. Na actividade local, que se realizará no Concello no mes de xullo, xóvenes de entre 18 e 30 anos poderán coñecer que posibilidades teñen de traballar no entorno rural, así como dar ideas de que se pode facer para mellorar a situación laboral.

Na actividade europea durará unha semana e participarán arredor de 40 xóvenes, procedentes dos países que compoñen este proxecto, e que poñerán en común tódalas solucións tratadas nas actividades locais.

Este proxecto está subvencionado pola Unión Europea a través do Programa Europeo de Xuventude en Acción e a Axencia Nacional Española.

pdf DESCARGAR FOLLETO CONSTRUÍNDO O RURAL DE HOXE E O DE MAÑA

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.