Numeracion Curtis logos

Visita do director xeral de Xuventude e Voluntariado no proxecto de Voluntariado Xuvenil do Concello de Curtis

image galleryO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, máis o subdirector xeral, Alberto José Otero, visitaron a actividade de voluntariado xuvenil que se está a facer dende o Concello de Curtis.

Esta actividade, que se realizou durante agosto e setembro, está formada por oito voluntarios xuvenís de entre 18 e 30 anos que teñen como labor difundir, potenciar e mellorar a variante do Camiño do Norte que pasa polo concello, tanto no que se refire á sinalización como ao patrimonio histórico e paisaxístico da zona.

A actividade está inscrita no programa do Servizo de Voluntariado Xuvenil, que pretende fomentar a participación nas actividades que desevolven as entidades de acción voluntaria e os concellos. Para iso se subvenciona cada xornada con 6 euros para os voluntarios e voluntarias en concepto de manutención e transporte, e 4 euros para cubrir os gastos de seguro.

Os voluntarios e voluntarias que participan recibirán ao finalizar unha certificación oficial da experiencia adquirida, que lles servirá para engadir no seu currículo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.