Numeracion Curtis logos

O CONCELLO DE CURTIS PON EN MARCHA A SEDE ELECTRÓNICA

dicorunaCurtis, 4 de outubro de 2013.

O Concello de Curtis conta desde o 25 de setembro coa súa sede electrónica a través da plataforma posta en marcha pola Deputación da Coruña

Con esta ferramenta en actividade, os veciños do municipio poden realizar trámites administrativos desde a súa casa as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Esta sede permitirá, por exemplo, consultar o estado dun trámite, obter un volante de empadroamento ou consultar expedientes, e os usuarios só precisarán o DNI electrónico ou un certificado electrónico, de xeito que se manteñen todas as garantías legais, así como as de confidencialidade e de seguridade.

O Alcalde, Javier Caínzos, asegurou que con esta plataforma acádase dar un servizo aos cidadáns ao que teñen pleno dereito e supón achegar e adeucar a administración ás necesidades que hai hoxe en día e facela máis próxima e áxil.

O acceso á sede electrónica poderá facerse a través do enlace colocado na páxina web do Concello de Curtis, www.concellodecurtis.org.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.