Numeracion Curtis logos

XIV FESTA DO COGOMELO E III RUADA EN TEIXEIRO

CARTEL XIV EXALTACION DOS COGOMELOS 1triptico cogumelo 2013 concello de curtisO 26 e 27 de outubro terá lugar en Teixeiro a XIV Festa do Cogumelo. Durante estos días celebraranse unhas xornadas de exaltación do Cogomelo destas terras, un dos lugares más propicios para a súa aparición pola abundante choiva e a humidade do outono.

Pero xa dende o día 25 poderáse mergullar neste mundo grazas a dúas charlas que estarán a cargo de José María Traba Velay. As charlas, que levan por título "Introducción ao mundo da micoloxía", serán as 18:00 horas en Curtis, na Oficina Municipal, e as 20:00 horas en Teixeiro, no Edificio de Úsos Múltiples.

O sábado 26 organizarase unha saía ao monte para a recollida de cogomelos. Nesta saída acompañarannos José Mª Costa Lago e José Manuel Castro Marcote.

O domingo 27 haberá unha exposición na praza de España e unha ruta gastronómica polos locais de hostelería do Concello.

Son moitos os afeccionados a este rico manxar que se achegan tódolos anos tanto para a súa degustación como para a súa colleita no monte.

Ao mesmo tempo poderemos desfrutar do ambiente coa III Ruada de Teixeiro organizada xunto coa Asociación Cultural Faragulla o sábado 26 a partir das 21:30 na Casa Miraz de Teixeiro.

José M. Castro Marcote e José María Traba Velay, presidente e vicepresidente da Asociación Micolóxica Pan de Raposo, son coautores de dous libros de cogumelos: "Cogumelos de Galicia e do Noroeste peninsular" e "500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular".

José María Costa Lago é socio da mesma asociación e tamén é colaborador da parte de etnomicoloxía do libro "500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular".

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.