Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis nomeará ao deportista Lucas Vázquez embaixador do municipio

lucasvazquez 2016

  • O Goberno local valora a súa calidade humana e a súa traxectoria profesional desde que empezou a xogar nas Escolas Deportivas Municipais ata os seus éxitos no Real Madrid

O Goberno local de Curtis levará para a súa aprobación ao pleno ordinario convocado para este venres, día 5, a proposta de nomear embaixador do Concello curtiense ao deportista de elite Lucas Vázquez, natural do municipio e xogador do Real Madrid.

Nesta proposta valórase o traballo, o esforzo e a constancia que caracterizaron ao futbolista en toda a súa traxectoria desde que comezou como xogador nas Escolas Deportivas Municipais e logo no CCD Curtis até chegar a ser membro da primeira plantilla dun dos clubs de fútbol máis importantes do mundo. Ademais, destaca a súa calidade humana e a súa capacidade de loita para alcanzar un dos seus soños de neno, o ser madridista.

Con este recoñecemento, o Concello quere agradecerlle tamén o seu labor de promoción do municipio.

 

O I Campionato de Powerlifting de Galicia e Norte de España, celebrado en Teixeiro, finaliza con varias marcas nacionais

campeonato 2016

O I Campionato de Powerlifting de Galicia e Norte de España, celebrado no pavillón polideportivo de Teixeiro o sábado, día 30, finalizou coa consecución de varias marcas nacionais e unha gran expectación de público. A competición contou coa participación de sesenta deportistas, incluídos usuarios dos ximnasios municipais de Curtis e Teixeiro, nas categorías femininas de peso morto e press banca.

Con este certame, o Concello de Curtis deu un paso máis na súa aposta por impulsar tanto o coñecemento e a práctica de diversas disciplinas deportivas así como na organización de actividades e campionatos que axuden a promocionar o municipio a través de colaboracións coas federacións galegas de fútbol sala, atletismo, halterofilia ou boxeo.

Clasificacións:

  • Ronald Espinosa, 4º clasificado de powerlifting senior menos de 75.
  • Xullo Cornejo, 1er. clasificado power subjunior menos de 75.
  • Andrés Ponche, 1er. clasificado press de banca menos de 60 kg.
  • Paula Gómez, 1ª clasificada power lifting menos de 60. Foi, ademais, a primeira clasificada en peso morto (bate marca de España da categoría con 120 kg), e a campioa absoluta nesta modalidade.
  • José Ares, campión de peso morto subjunior. Bateu a marca de España da categoría con 210 kg.
  • Kevin Alejandro, 1er clasificado powerlifting. Bateu a marca de España con 265 kg, e converteuse no campión absoluto do torneo, ademais de ser o campión en peso morto menos de 90 kg.
  • Iria López, 1ª clasificada peso morto menos de 52 kg.
  • Andrés Vázquez, subcampión press de banca menos de 90 kg e campión peso morto menos de 90.
  • Santiago Ares, subcampión peso morto menos de 75 kg.
  • Jaime Carballo, 1er clasificado press de banca master menos de 125 kg con marca de España e campión de peso morto.
  • Jacobo Penas, 4º clasificado press de banca menos de 67 kg.

Máis imaxes da competición, no facebook do Concello.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.