Numeracion Curtis logos

Organización da protesta en defensa do sector lácteo en Curtis, día 27 de agosto

  • Están convocados a participar os municipios de Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras, Irixia, Aranga, Monfero e Guitiriz.
  • A Plataforma pide o apoio de comerciantes e resto de veciños.

fototractorada20150824O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e o portavoz do goberno local, Antonio Fraga, reuníronse hoxe con representantes da Corporación municipal, das cooperativas Sat San Cidre, Coba de Vales e Cusoviame e dos sindicatos SLG e UU.AA., para pechar a coordinación da tractorada que convoca a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo para este xoves, día 27 de agosto, no municipio curtiense. A esta protesta están chamados a participar os municipios de Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras, Irixia, Aranga, Monfero e Guitiriz.

SESIÓN INFORMATIVA "DESEÑANDO O TEU FUTURO" EN CURTIS

Copia de P1010421O xoves 20 de agosto o Concello de Curtis realizou unha sesión informativa integrada dentro do proxecto "Deseñando o teu futuro" que desenvolve esta entidade dende o mes de agosto.

O obxectivo desta reunión era informar, aos participantes do proxecto, sobre as alternativas formativas e profesionais ao seu alcance, o programa de garantía social, as bolsas Feuga e o programa Erasmus+ foron algúns dos contidos tratados.

Ao encontro acudiron Javier Caínzos, alcalde de Curtis e Esther Lago, concelleira de Xuventude que animaron e subliñaron aos asistentes a importancia de participar nos programas convocados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que se organizan no municipio.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.