Numeracion Curtis logos

Un total de 44 nenos e nenas participaron nas actividades coeducativas dos Campamentos de Nadal do CIM de Curtis

fotocim2Un total de 44 pequenos, 21 nenos e 23 nenas, de 3 a 12 anos de idade, participaron nos Campamentos Urbanos desenvolvidos polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Curtis durante o pasado Nadal para facilitar a vida laboral, persoal e familiar dos pais e nais do municipio.

Desenvolvidos no Centro de Lecer Infantil de Curtis e no Recinto Escolar de Teixeiro, os campementos tiveron entre outros obxectivos realizar actividades coeducativas co fin de que os nenos e nenas interiorizasen o principio de igualdade entre homes e mulleres.fotocim1

A iniciativa, subvencionada pola Obra Social ‘A Caixa’, incluíu actividades variadas como manualidades, xogos cooperativos e obradoiros de cociña, entre outras.

 

O municipio suma os parques biosaudables de Paradela e Santaia aos de Curtis e Teixeiro

FotoParqueParadelaAs aldeas de Paradela e Santaia xa dispoñen de espazos públicos abertos acondicionados con parques biosaudables, circuítos que foron solicitados polos veciños nas consultas cidadás organizadas polo Concello de Curtis e incluídos nos orzamentos do 2016. Ademais destes parques, ampliáronse os xa existentes nos núcleos urbanos de Curtis e Teixeiro.

As obras foron financiadas a través do Plan de Cooperación Provincial e o investimento ascendeu a 27.346 euros.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.