Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis pon en marcha un club de conversación en inglés para impulsar a mellora deste idioma entre os mozos

club inglesO Concello de Curtis porá en marcha talleres prácticos de inglés para aqueles mozos maiores de 16 anos que desexen mellorar este idioma con prácticas de charla nun ambiente relaxado. A través da creación deste club de conversación, o Goberno local quere axudar aos estudantes a manexar o inglés con maior soltura.

A actividade, de carácter gratuíto, estará dirixida pola moza voluntaria rusa Daria Turkova, licenciada en Filoloxía Inglesa, que se uniu o pasado mes de setembro aos equipos municipais de Cultura e de Formación. A iniciativa enmárcase no programa de Servizo de Voluntariado Europeo, cofinanciado polo Erasmus+.

As charlas desenvolveranse os sábados a partir do próximo día 28 de xaneiro, de 16.30 a 18.00 horas, no Centro de Lecer de Curtis.

Os mozos interesados deberán inscribirse nas oficinas municipais (telf. 981 777 105).

 

O expediente de deslinde da aldea de O Castro está xa pendente da Comisión de Delimitación Territorial da Xunta

plano castroA Xunta de Galicia recepcionou a finais de 2016 o informe do Instituto Xeográfico Nacional que valida os argumentos achegados polo Concello de Curtis para que a demarcación territorial da aldea de Castro volva coincidir coa fixada en 1945 polo Servizo Xeográfico do Estado de forma que unha parte das vivendas dese núcleo pasen a integrarse no municipio curtiense tal e como estaban cando se estableceron os límites territoriais no seu día.

Unha vez recibido e transcorrido o período de alegacións, o paso seguinte para resolver o expediente de deslinde desta aldea, agora dividida entre Curtis e Sobrado, será o pronunciamiento da Comisión de Delimitación Territorial da Xunta de Galicia.

Os límites en O Castro foron modificados hai anos polo Catastro cando, co obxectivo de evitar o corte de leiras, obviou as mouteiras que marcaban os lindes entre os concellos, provocando que varias vivendas quedasen incorporadas nun municipio distinto ao de orixe. Este cambio provocou unha situación de incerteza entre os veciños, ademais de numerosas dificultades para os trámites ordinarios no día a día, empadroamentos, pago de impostos no concello respectivo ou realizar obras coas autorizacións ou licenzas esixidas pola lexislación urbanística, entre outros temas. Tamén se dan casos de veciños que levan anos pendentes de resolver as transmisións de propiedades de herdanzas ou compras e vendas.

O informe do Instituto Xeográfico Nacional recolle e valida a documentación presentada polo Concello, o estudo realizado sobre o terreo e a topografía que data do ano 1945, onde se especifican onde estaban situados as mouteiras dos lindes iniciais.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.