Numeracion Curtis logos

O Concello inicia unha campaña informativa sobre a recollida de residuos porta a porta

  • O obxectivo é que os comercios e a hostalaría se sumen á recollida de papel e envases, e as explotacións gandeiras á de plásticos agrícolas.

porycontradip201511interiordip201511Antonio Fraga sostén que reducir os impropios, que ascenden a un 60% dos residuos, podería rebaixar os custos do servizo nun 15%.

O Concello de Curtis iniciará o luns, día 23, unha campaña informativa nos comercios e locais de hostalaría sobre a recollida porta a porta de cartón e papel e envases de plástico, así como nas explotacións agrarias sobre a recollida de plásticos agrícolas.

Un dos obxectivos da concellaría de Medio Ambiente, impulsora da campaña, é concienciar sobre a necesidade de usar correctamente os colectores co fin de reducir a porcentaxe de residuos impropios, é dicir, aqueles que non se depositan nos colectores adecuados, que no municipio rolda o 60%. O edil responsable, Antonio Fraga, asegura que un bo uso dos colectores facilitará a reciclaxe, permitirá un maior coidado do medioambiente e conseguirá unha redución do custo do servizo de recollida de RSU. “Se botamos o lixo onde debemos, a rebaixa no gasto podería ser do 15%, o que tamén suporá un aforro para as familias”, sostén.

Outro dos fins da campaña é ofrecer aos gandeiros e agricultores un servizo de recollida porta a porta que solucione a vertedura incontrolada de plásticos agrícolas ou a súa incineración ao ser un residuo altamente contaminante. O Concello xa recolle estes plásticos a medio centenar de explotacións cada dous ou tres meses, e Antonio Fraga confía en que se acaben inscribindo todas as do municipio.

A campaña, para a que se elaborou un díptico e que consistirá en visitas personalizadas para explicar estes servizos de recollida, realizarase até mediados de decembro.

CAÍNZOS REUNIUSE COS GANDEIROS PARA INFORMARLLES DAS MEDIDAS DE APOIO AO SECTOR POSTAS EN MARCHA DESDE O CONCELLO

  • O alcalde de Curtis destacou a importancia de defender os intereses do sector, “vital para a economía local”.

Gand leitO alcalde de Curtis, Javier Caínzos, reuniuse con máis de 80 gandeiros dos 112 propietarios de explotacións gandeiras do municipio que foron convidados a participar para explicarlles cales son as medidas que desde o Concello están a adoptarse para apoiar esta importante actividade económica, vital, ademais, para a supervivencia dos núcleos rurais. “Os gandeiros dispondes e disporedes sempre de toda a nosa axuda en defensa dos intereses do sector lácteo, que dá de comer a decenas de familias no noso municipio e que é fundamental para a nosa economía local”, comentoulles o rexedor.

Entre as medidas postas en marcha, Caínzos resaltou:

- A entrada en vigor en 2016 da nova exención do IBI para edificacións agrarias, do 95% para as edificacións das explotacións que estean en parcela individual e do 50% ás edificacións agrarias que estean na parcela con edificacións para outros usos.

Os veciños deben solicitar a exención antes do 30 de novembro.

- Modificación dos usos do solo no PXOM de urbanos a rústicos para adaptalos á nova realidade dos núcleos rurais. Nestes momentos, o Concello recibiu xa 96 solicitudes correspondentes a 60 núcleos. Esta en fase de licitación a modificación. Prevese que se aprobe a finais do 2016.

- Seguimento aos acordos que regulan o prezo do leite. O Concello estará vixiante para que se cumpran os acordos asinados hai dous meses e denunciará, como fixo até agora, todos os incumprimentos xa sexa no pago dos prezos mínimos ou polo uso do leite como reclamo. Ademas, ponse a disposición de todos os gandeiros para dar traslado das súas reclamacións.

- Recollida de plásticos agrícolas. As explotacións gandeiras e agrícolas do municipio poden solicitar no Concello ou a través da nova APP municipal a recollida destes plásticos, altamente contaminantes. O Goberno local porá en marcha a próxima semana unha campaña de información deste recollida, así como dos enseres.

- Campaña de apoio ao consumo do leite 100% de Galicia, fundamental, sostivo o alcalde, “para garantir a supervivenia do sector”. O Goberno local colocou adhesivos en todos os comercios e locais de hostalaría así como carteis nas principais estradas, nos colexios, edificios públicos, etc.

- Campaña de saneamento. Este ano apareceron brotes de tuberculose en varias explotacións do Concello, que está a disposición dos veciños para realizar as xestións necesarias ante os técnicos de Sanidade Animal da Xunta para informar ou aclarar todas as dúbidas que xurdan respecto diso.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.