Numeracion Curtis logos

XORNADA: FONDOS NEXT GENERATION E AXUDAS PARA AUTÓNOMOS E PEMES

A Xunta, en colaboración con AJE Galicia, organiza o vindeiro 2 de maio unha xornada para dar a coñecer as oportunidades nos fondos Next Generation e as axudas para autónomos e pemes.

A xornada terá lugar o vindeiro luns 2 de maio, a partir das 10:30 h, no auditorio 2 do edificio CINC, na Cidade da Cultura, en Santiago, e nela daranse a coñecer tanto as oportunidades para as empresas no marco dos Fondos Next Generation, como as axudas para autónomos e pemes habilitadas pola consellería de Emprego e a vicepresidencia 2ª e consellería de Economía, Empresa e Innovación.

INSCRICIÓNS: DÍA 2 DE MAIO | 10:30 | PRESENCIAL ou ON LINE Aquí

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.