Numeracion Curtis logos

CURSO DE ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN + CARNÉ C E CAP

DIRIXIDO A PERSONAS MOZAS: Menores de 30 anos desempregadas/os da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e no integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove.

FORMACIÓN: ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN + CARNÉ C E CAP

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria en A Barcala-Cambre e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo).

A data de inicio, prevista para outubro, será comunicada ao longo do proceso de selección.

A xornada formativa obrigatoria ,a desenvolver preferentemente, é en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide de Actividades Auxiliares de Almacén, a obtención do carnet C e o CAP, xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

O prazo de inscrición péchase o luns 23 de setembro ás 14:00 horas.

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. 981789003 Ext. 2037 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.