Numeracion Curtis logos

PROGRAMA PEL EMPREGO SUSTENTABLE NO RURAL

Curtis, 22 de agosto de 2022

Dentro do programa PEL EMPREGO SUSTENTABLE da Deputación de A Coruña, vanse a desenvolver as seguintes accións formativas gratuitas, coa posibilidade de solicitar unha axuda para cubrir os custos xerados polo desprazamento ata o centro de formación: 

1 - Emprendemento Social en Economía Circular (2 edicións) inicio previsto o 26 de setembro (non precisa nivel académico para o acceso). Ficha do curso: pdfFicha_didactica_Emprendimiento_Social_en_Economía_Circular.pdf
2 - Planificación e Iniciativa Emprendedora en pequenos negocios e microempresas (6 edicións) inicio previsto o 26 de setembro (non precisa nivel académico para o acceso). Ficha del curso: pdfFicha_Planificacion_e_Iniciativa_emprendedora.pdf

3 - Dinamización Comunitaria: titulación necesaria para acceso certificado de nivel 3 (Bacharelato ou equivalente). Ficha do curso: Aquí
4 - Guía por itinerarios de baixa e media montaña: titulación necesaria para acceso a certificado de nivel 2 (ESO ou equivalente). Ficha do curso: Aquí

Revisión das zonas de realización da formaciónAquí

Inscrición e máis información: Servizo de Orientación Laboral. Telf.  981789003 Ext.2037 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E CURSOS PREPARATORIOS DO CELGA 2022/2023

Curtis, 22 de agosto de 2022

Prazo: a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Inicio: Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o día 24 de outubro de 2022 e rematarán o 15 de xaneiro de 2023. Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o día 6 de marzo e rematarán o 14 de maio de 2023.

Para ver os cursos, niveis e lugares de impartición pinchar: Aquí

Aberta a convocatoria da II edición de Xuventude Mentoring!

Curtis, 07 Xullo 2022

Xa está aberta, ata o 1 de agosto, a convocatoria de 250 prazas para participar na II edición do programa Xuventude Mentoring, un pioneiro programa da Xunta de Galicia destinado a favorecer a transición laboral das persoas mozas recén tituladas, a través do apoio dunha rede de mentores procedentes do empresariado galego.

O programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, desenvólvese en colaboración co Cixug e as tres universidades galegas.

Poden participar no programa as persoas mozas de entre 18 e 30 anos, inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan cursado estudos universitarios de grao/posgrao ou formación profesional superior nunha universidade ou centro de estudos galego (ou fóra de Galicia nalgúns casos excepcionais establecidos na convocatoria).

As diferentes accións do programa desenvolveranse entre setembro e decembro de 2022 e consistirán en:

-Seguimento e acompañamento especializado polo equipo de titores/as
-Actividades formativas de desenvolvemento do perfil competencial para a busca de emprego, por conta propia ou allea
-Actividades de networking e visitas a empresas
-Mentorías a cargo de persoas profesionais procedentes do sector económico de interese

Xuventude Mentoring conta actualmente cunha rede de máis de 150 mentores e 21 entidades colaboradoras, o que permitiu que case o 60% das persoas mozas participantes na I edición se atopen traballando ou desfrutando de bolsas de formación.

Toda a información e o formulario de inscrición poden atoparse na web do programa:https://www.xuventudementoring.gal/


Máis información do programa:https://youtu.be/p8zBJDVksMI

Poden desgargar o folleto informativo facendo clic Aquí

FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN COOPERATIVA. XORNADA ONLINE 27/7/22

O próximo 27 de xullo vaise realizar unha Xornada Online "Fomento do Emprendemento en Cooperativa", organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop no marco do convenio de colaboración  suscrito entre esta entidade e a Deputación da Coruña, para o fomento do emprendemento en cooperativa e consolidación de empresas creadas e cuxo obxectivo consiste en apoiar e promocionar o modelo cooperativo como fórmula de emprendemento laboral e de xeración e creación de riqueza mediante a posta en marcha de actividades económicas xunto coa creación de emprego estable.

Obxetivos da xornada:

  • Divulgar as potencialidades do cooperativismo para a posta en marcha de actividades empresariais e creación de emprego.
  • Detectar necesidades que favorezan o emprendemento en cooperativa.
  • Dar a coñecer boas prácticas de cooperativas, especificamente no Sector de Coidados.

Data e Horario: Mércores 27 de xullo de 2022, de 10.30 a 13.30 h., a través da plataforma Zoom.

Fai clic para realizar a inscrición: Aquí

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

Contacto para esta actividade: 687 324 784 – Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

FORMACIÓN DIRIXIDA A PERSOAS DESEMPREGADAS

- COML3198- Organización y gestión de almacenes. (Nivel 3)

FECHA DE INICIO: 08/06/2022 FECHA FINALIZACIÓN: 22/09/2022. HORARIO: DE LUNES A VIERNES 15:15H. A 20:45H.

- COML0209- Organización del transporte y la distribución. (Nivel 3)

FECHA DE INICIO: 08/06/2025. FECHA FINALIZACIÓN: 22-09-2022. HORARIO: DE LUNES A VIERNES 08:30 A 14:30H.

 

INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN:

TFNO. 698911295 – 881900813 MAIL. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

w ww.effuture.es; +34.881900813
C/Salvador de Madariaga, 50. 15173. Oleiros, A Coruña
(EF Business School)

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.