Numeracion Curtis logos

O orzamento para 2016 destinará 713.600 euros a investimentos, partida que aumenta un 131%

 

  • As contas municipais de Curtis crecerán un 18,45%, un 10% máis que o ano pasado, ao pasar de 3,4 millóns de euros a máis de 4 millóns.
  • O gasto proposto susténtase nos ingresos previstos, cuxo nivel de execución cumpriuse este ano nun 98%.

O Concello de Curtis destinará a investimentos máis de 713.600 euros nos orzamentos de 2016, o que suporá unha subida dun 131,15% respecto a este ano. En total, este capítulo representará case un 18% das contas municipais, que crecerán un 18,45%, é dicir, pasarán dos 3.405.771 euros actuais a 4.034.286 euros no próximo exercicio. En 2015, o aumento orzamentario foi dun 8,8%.

Entre estes investimentos inclúense o Plan de Acción Social e o de Obras e Servizos da Deputación (PAS e POS), 130.000 euros do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR), 91.000 euros do Plan de Medio Ambiente e do Fondo de Compensación Ambiental e 73.000 euros de fondos municipais, fondos estes últimos que xerarán durante o próximo exercicio máis investimentos en proxectos cofinanciados coa Xunta e o ente provincial.

O aumento dos orzamentos, que este mes se aprobarán en pleno, se xustifican coa eliminación da aplicación da Regra de Gasto aprobada polo Ministerio de Facenda. "Por iso, no exercicio de 2016 propomos un gasto que poida ser avalado por un ingreso fiable", aclara o alcalde, quen lembra que o nivel de execución dos ingresos previstos para este ano cumpriuse nun 98%, o que "demostra a sustentabilidade do noso concello".

Artigos relacionados:

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.