Numeracion Curtis logos

Os veciños pagarán polas taxas e impostos municipais as mesmas tarifas de 2013

cainzospresu 2015

  • O Goberno Local conxelará, por terceiro ano consecutivo, as taxas e impostos nos orzamentos do vindeiro ano.
  • Javier Caínzos considera fundamental non gravar máis as economías familiares, "o que podemos facer ao dispor dunhas contas municipais saneadas".

Co fin de non sobrecargar as economías familiares, o Concello de Curtis volverá en 2016 a conxelar as taxas e impostos dependentes da administración local. É dicir, os veciños pagarán polos servizos municipais o mesmo que en 2013 ao ser este o terceiro ano consecutivo que o Goberno local aposta por non gravar os tributos. A proposta levarase para a súa aprobación ao pleno de orzamentos deste mes.

A conxelación afectará tanto aos servizos de xestión directa por parte do Concello como aos xestionados por empresas concesionarias como o tratamento de auga potable ou o saneamento de augas residuais, nos que a administración local asumirá a subida do custo do IPC para que non repercuta nos veciños.

O alcalde Javier Caínzos destacou a boa saúde financeira do Concello, que o ano pasado xa puido amortizar de forma anticipada a débeda viva, o que permitirá que a economía municipal aguante ao non incrementar os impostos nin se vexa afectada pola rebaixa nos ingresos previstos tras a aplicación das bonificacións no IBI para as explotacións gandeiras e ás familias numerosas, nin por outros beneficios fiscais.

No capítulo de ingresos, mantense estable o referido ás transferencias correntes pero increméntase bastante a previsto vía transferencias de capital, un 233%, debido a que se contará con maiores ingresos por subvencións.

Artigos relacionados:

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.