Numeracion Curtis logos

CURSO "O COMERCIO INTERNACIONAL: TRANSPORTE MARÍTIMO E OPERATIVA PORTUARIA”, ICEX-CECO

O Igape, en colaboración co ICEX, organiza o curso en liña “O Comercio Internacional: Transporte Marítimo e Operativa Portuaria, 8ª Edición”. Ten entre outros obxectivos os de:
- Facilitar coñecemento da operativa portuaria e os principais elementos que interveñen no transporte marítimo de mercadorías.
- Proporcionar os coñecementos necesarios para realizar unha correcta xestión dos riscos, así como os aspectos contractuais que deben considerarse.
- Familiarizar co novo código aduaneiro e as súas implicacións.
- Dominar os incoterms e a súa vinculación co contrato, o medio de pago, a loxística e as aduanas.

CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

03 de febreiro de 2020

A empresa HM Global acudirá o Recinto Ferial de Curtis a impartir o Curso de Manipulación de Alimentos. 

Día: 18 de febreiro de 2020

Horario: 16.30 a 19.30 horas. 

Lugar: Recinto Ferial de Curtis

Prezo: 20 euros, a entregar á empresa o mesmo día da formación. 

Inscrición previa imprescindible chamando a 981789003 Ext. 2037

CURSO DE VITICULTURA E ENOLOXÍA 2020. BÁSICO E AVANZADO

¿Queres aprender sobre viticultura e fruticultura na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo?

Acude aos cursos que organiza a Fundación Juana de Vega en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo. 

As inscricións deberán realizarse antes do 7 de febreiro: Aquí

Se precisades máis información: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Telf.: 981654337 

FORMACION DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO 2020

Se queres mellorar a túa cualificación profesional podes revisar as ofertas de formación que se van a realizar mediante o servizo público de emprego dirixidas a persoas desempregadas durante o ano 2020.  

Recorda que iniciada a formación pódense solicitar becas de desprazamento. 

Revisar as formacións no seguinte enlace: Aquí

CURSOS PREPARATORIOS DA XUNTA DE GALICIA PARA OS CELGA 1, 2, 3 e 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca cursos preparatorios para os Celga 1, 2, 3 e 4: 11 cursos presenciais (niveis 2, 3 e 4) nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra e 24 cursos na modalidade de teleformación.

Prazo de inscrición: ata o 19 de febreiro.

Máis información no DOG nº 19 do 29/01/2020 na seguinte ligazón Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.